Viaxamos á China
Chegamos a China e este país tennos moito encanto e moitas cousas por descubrir tamén. De momento comezamos cun pequeno taller chino coas nosas profes e cas profes de apoio e deleitámonos coa cociña chinesa, grazas ao equipo de cociña do cole que nos convidaron e tiveron moita paciencia connosco e grazas as profes que nos prestan os seus útiles de cociña para experimentar.
Ademais, nesta ocasión tamén tivemos como convidado ao profe Jose dos "maiores" que nos contou un conto moi chulo sobre unha nena china e o seu cabalo viaxeiro, encantoounos!!
A comunidade educativa do cole estanos a axudar moito a avanzar na nosa aprendizaxe,
GRAZAS A TODOS E A TODAS QUE NOS AXUDADES NO DÍA A DÍA, NOS MOMENTOS PUNTUAIS E ESPECIALMENTE OS CATIVOS E CATIVAS QUE FAN QUE OS DIAS NO COLE SEXAN INOLVIDADES E MOVIDIÑOS!
Comentarios
Publicar un comentario