RECOMENDACIÓNS LITERARIAS NA RADIO DO NOSO COLE - 6º DE INFANTIL-B
Recomendacións Literarias do alumnado de 6º de Infantil B
os nenos/as de 6º de infantil foron os primeiros en acudir a cita na radio para facer recomendacións dunhas lecturas que fixemos na nosa aula.
xa que este curso non podemos ir á biblio do cole a coller libros, son os libros os que veñen a nosa aula. Gracias a unha nova iniciativa dende a Biblioteca de Primaria para fomentar a lectura nos rapaces. Cada certo tempo chegan as nosas aulas unhas caixas cheas de libros. preparadas con moito agarimo dende o equipo de Biblioteca.
Unha vez feita a lectura dos libros, os rapaces poden ir a radio do noso cole
"Os 40 Colegiales", na que poden facer recomendacións da lecturas para todo o alumnado do CPI da Cañiza
Esta vez fixeron o programa de radio: Iara, Anxo, Diego e Eric Arca, pero estade moi atentos porque en canto teñamos preparados os libros da nova caixa viaxeira, será o turno de outros nenos/as.
Se queredes escoitar este programa de radio premede no enlace.
http://los40colegialesradio.blogspot.com/2021/01/recomendacion-literarias-do-alumnado-de.html?m=1
Comentarios
Publicar un comentario