DESPEDIDA DA PROFE ELENA
Despois de 11 anos no cole da Cañiza, o curso que vén
comezarei noutro cole máis cerca da miña casa e da miña familia pero no que
botarei de menos moitas cousas, ou máis ben a moitas persoas, por iso quería aproveitar este blog para
despedirme e dar as grazas a tod@s @s que deixo atrás: aos estupend@s compañeir@s
cos que sempre puiden contar; ás nais e pais, que sempre estiveron dispostos a
prestar a súa colaboración cando o solicitei, especialmente desde que empezamos
coa aventura dos proxectos; e sobre todo, aos nenos e nenas, que durante todos
estes anos compartiron comigo aprendizaxes e descubrimentos, permitíndome ver o
mundo a través dos seus ollos e medrar con eles, e o mellor de todo, dándome
cada día o seu amor incondicional, que espero ter sido capaz de devolverlles na
mesma medida. Dixen que vos deixaba atrás pero non é certo, porque sempre vos
levarei no corazón. ATA SEMPRE!!!
Comentarios
Publicar un comentario