EN 4 ANOS DESCUBRIMOS A IMPORTANCIA DA VISTA NA COCIÑA
Para rematar a nosa investigación sobre a relación entre os sentidos e a cociña, esta semana centrámonos na vista e en como a comida a veces "entra polos ollos", é dicir, que nos resulta moito máis apetitosa cando ten un aspecto atractivo. Para demostralo, puxémonos mans á obra e fixemos unha receita ao mesmo tempo bonita e saborosa: "Flores de froitas".
Para isto, o primeiro foi lavar e pelar a froita, por suposto, e o seguinte cortala en anacos.
Despois, os nenos e nenas colocaron os anacos como quixeron dándolles forma de flores.
Comentarios
Publicar un comentario