A LÚA ( parte 1)
Seguimos ca nosa aventura espacial! E seguimos investigando!
Agora é o turno da lúa...
Descubrimos que o primeiro home en pisala foi un astronauta estadounidense chamado Neil Armstrong.
Que sorte poder pisar a lúa! Que chula a súa pegada!
E si a poderamos pisar nós tamén....jijiji
Na clase puxémonos mans a obra para deixar a nosa pegada na "lúa" e facer como Armstrong.
O primeiro paso foi debuxar a nosa lúa e pintala.
Despois tocaba deixar a nosa pegada. Yupiiiii!
Pasámolo xenial pisando a lúa.....
Deixando a nosa pegada....
Converténdonos en "Armstrong" ...
Un pequeno paso para o home pero un gran salto para a humanidade!
Comentarios
Publicar un comentario