OS RESTAURANTES






En 4 anos comezamos a traballar o proxecto dos restaurantes...
Que recordos! 
@s peques trouxeron moitas cousas á clase, que chulada!!!!
Mirade, mirade...











Por culpa dun virus que andaba, e anda...., de troula polo mundo tivemos que a toda presa marchar para a casa e deixar atrás todo o traballado na clase sobre os resturantes...
Miles de ideas pensadas, por exemplo:facer un restaurante na aula, convidar ás familias, ser cociñeir@s e camareir@s por un día, visitar unha cociña profesional...quedaron truncadas por ese becho invisible que puxo todo patas arriba. 
 Pero xa de volta en 5 anos arrincamos de novo co noso proxecto cheos de enerxía!!!
Xuntos logramos aprender moitas cousas e pasar uns momentos moi divertidos.










































Grazas familias!!! Xa sabedes que todo isto é posible grazas á vosa implicación e colaboración.
E para @s peques ise é un dos mellores exemplos que lle podedes dar: a importancia da escola e valorar o que se traballa nela. 
Traballando xuntos a "máquina" vai mellor.




Comentarios

Entradas populares