ATA PRONTO PEQUES DA PROFE EVA!

 



 E chegou o día de rematar a etapa de infantil, pero....Como é posible??? Por onde voaron 3 anos ó voso carón?? Como medrastes tanto??

Despois de tres anos como titora do meu grupo de Educación Infantil chegou a hora de "graduar" ós meus peques.

 Foron tres anos cheos de aprendizaxes mutuos, de sorrisos, de xogos, de aventuras e descubrimentos... 
Tocounos vivir xuntos  algo que nunca imaxinamos e  palabras como confinamento, xel, distancia de seguridade, mascarillas... formaron parte do noso día a día.

Vivimos momentos difíciles, de moita inseguridade, medo, desesperanza...pero unha vez máis demostrastes que sodes capaces de superar calquer obstáculo e afrontar novos retos.
 Detrás das "mascarillas" estaban os vosos sorrisos e os vosos ollos reflexaron as ganas de seguir aprendendo, de seguir cara adiante neste mundo que por momentos parecía ir a pique...

GRAZAS PEQUES!!! 
Conseguistes que o meu traballo como mestra me guste ainda máis. Grazas por mirar o mundo con esa curiosidade e ganas de aprender, por enriquecerme como persoa e mestra.
 Sempre estaredes no meu corazón!

Agora comezades unha nova etapa da vosa vida, un novo camiño no cole. Ides pasalo xenial en 1º e espero que me veñades a contar as vosas peripecias e avances.
Pois lembrade que isto non é un adeus, senón un "Ata Setembro".

Tamén quero dar as grazas as familias. Sempre puiden contar con vós, sempre colaborastes no que vos pedín e xuntos logramos formar un gran equipo.
Entendestes á perfección que familia e colexio deben ir da man, que estamos no mesmo bando e que para ambos o benestar dos peques é o prioritario.

GRAZAS FAMILIAS!!!! 
Fixestes que o meu traballo estes anos fora moito máis doado contando co voso apoio. Deixades o listón moi alto! 
Lograstes emocionarme cando o último día me trouxestes un agasallo tan especial... grazas de corazón!



 





Comentarios

  1. Gracias a la prof EVA por tan bellas palabras siempre estaras en en nuestros corazones y por supuesto en los corazones de nuestros peques. No hay nada mas bello que haberte tenido como prof. De nuestros bb

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares