RECOMENDACIÓNS LITERARIAS NA RADIO DO NOSO COLE - 6º DE INFANTIL-B

Recomendacións Literarias do alumnado de 6º de Infantil B

 os nenos/as de 6º de infantil foron os primeiros en  acudir a cita na radio para facer  recomendacións dunhas lecturas que fixemos na nosa aula.

 xa que  este curso non podemos ir á biblio do cole a coller libros, son os libros os que veñen  a nosa aula. Gracias a unha nova iniciativa dende a Biblioteca de Primaria para fomentar a lectura nos rapaces. Cada certo tempo chegan as nosas aulas unhas caixas cheas de libros.  preparadas con moito agarimo dende o equipo de Biblioteca.

Unha vez feita a lectura dos libros, os rapaces poden ir a radio do noso cole 

"Os 40 Colegiales", na que poden facer recomendacións da lecturas para todo o alumnado do CPI da Cañiza

Esta vez fixeron o programa de radio: Iara, Anxo, Diego e Eric Arca, pero estade moi atentos porque en canto teñamos preparados os libros da nova caixa viaxeira, será o turno de outros nenos/as.

Se queredes escoitar este programa de radio premede no enlace.

 http://los40colegialesradio.blogspot.com/2021/01/recomendacion-literarias-do-alumnado-de.html?m=1

Comentarios

Entradas populares