OS DUENDES DE 3 ANOS B

Na clase de 3 anos B hai duendes, xa o temos asumido, porque a comezo de curso apareceu a súa casiña na aula! Non sabemos como entran nin como saen, porque esa portiña non se abre; e o único que sabemos é que dormen de día e traballan de noite, por iso temos que ter coidado de non facer moito ruído.
Nestes días de Nadal, os duendes fixeron algunhas trasnadas na aula. 
Primeiro, mandaron ao Monstro Vermello, que quedou con nós.
Despois apareceu na alfombra unha carta, na que os duendes dicían que como estabamos facendo taaaanto ruído... tiñan que enviarnos a variña do silencio, a ver se así podiamos non espertalos cada día. O encargado/a é quen a usa cada día.
E, por último, deixáronnos un agasallo na biblioteca da aula, que hoxe por fin puidemos descubrir: o conto LA RANA RAMONA. Que sorte! É moi parecido ao conto do Polo Pepe que tanto nos gusta!
Estes duendes...

Comentarios

Entradas populares