O LIBRO DOS AMIGOS E AS AMIGAS DE 4 ANOS A

Moitos xa sabedes, porque volo teño comentado nas titorías, que este grupo ten moita manía de pelexar e de meterse uns cos outros. Nun intento de contrarrestar esta tendencia, propúxenlles facer este "libro dos amigos e as amigas", cunha páxina dedicada a cada nen@ da clase, na que debuxaban ao nen@ en cuestión e tamén escribían o que máis lles gustaba del ou dela. Este libro, que fomos realizando pouco a pouco ao longo do segundo e terceiro trimestre, leváronno a casa a final de curso, como puidestes comprobar, pero paréceme bonito que cada nen@ poida ter tamén o recordo de como os seus compañeiros/as o/a viron, así que aquí vos deixo as fotos:















Comentarios

Entradas populares