EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO 4 ANOS

O día 18, como sabedes, os nenos e nenas de Infantil fixeron unha excursión ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. En 4 anos tocounos a monitora Tere, coa que en primeiro lugar (despois da merenda) sementamos unha faba e unha lentella, como facían xa na Prehistoria, e despois probamos a moer gran con pedras, algo que comprobamos que era moi traballoso.



























A continuación, camiñamos polo parque en busca de petroglifos e Tere contounos un conto sobre un deles que representaba un cervo.







Tamén puidemos ver a reconstrución dun poboado prehistórico e facernos unha idea do diferente que era a vida naquela época (reflexión de Nico cando viu que na cabana mais grande había uns troncos: "Aquí se podían sentar, pero no tenían tele para mirar"😂).











Finalmente e trala comida, despedímonos do parque xogando nun labirinto moi divertido, onde corremos e o pasamos pipa.







Acabamos agotad@s pero felices, foi unha excursión xenial!!!












Comentarios

Entradas populares