DESPEDIDA DA PROFE ELENA


Despois de 11 anos no cole da Cañiza, o curso que vén comezarei noutro cole máis cerca da miña casa e da miña familia pero no que botarei de menos moitas cousas, ou máis ben a moitas persoas,  por iso quería aproveitar este blog para despedirme e dar as grazas a tod@s @s que deixo atrás: aos estupend@s compañeir@s cos que sempre puiden contar; ás nais e pais, que sempre estiveron dispostos a prestar a súa colaboración cando o solicitei, especialmente desde que empezamos coa aventura dos proxectos; e sobre todo, aos nenos e nenas, que durante todos estes anos compartiron comigo aprendizaxes e descubrimentos, permitíndome ver o mundo a través dos seus ollos e medrar con eles, e o mellor de todo, dándome cada día o seu amor incondicional, que espero ter sido capaz de devolverlles na mesma medida. Dixen que vos deixaba atrás pero non é certo, porque sempre vos levarei no corazón. ATA SEMPRE!!!




Comentarios

Entradas populares