ABRIMOS O NOSO PROPIO RESTAURANTE: O RESTAURANTE ARCO IRIS


Despois de tanto investigar sobre os restaurantes, decidimos que estabamos preparados para abrir un... só por un día, claro, e cuns clientes moi especiais: as nosas familias.
Non creades que foi fácil, montar un restaurante dá moito traballo: tivemos que pensar un nome para o restaurante, redactar as invitacións, pensar que pratos preparar e ata ensaiar unha actuación sorpresa, pero a verdade é que mereceu a pena. A experiencia resultou moi gratificante para tod@s: alumn@s, profes e pensamos que tamén para as familias. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos do gran evento:


















Posto que as familias de Íker e Aarón non puideron asistir, aquí teñen unha foto dos dous posando moi orgullosos despois do baile.



E a continuación unhas fotos da preparación das receitas, para que vexades que aínda que pareza incrible polo profesionais que eran 😉, realmente as fixeron os nenos e nenas.


















Comentarios

Entradas populares