XOGOS TRADICIONAIS NO CAMPO DE TERRA

O martes pasado os nenos e nenas de 5 anos, dentro do proxecto sobre os xogos tradicionais, invitaron aos seus compañeiros de 4 anos a desfrutar con eles dunha selección de xogos deste tipo no campo de terra. Alí todos e todas puideron probar a divertirse como xa o facían os seus avós e bisavós: coas chapas, a rá, a chave, a petanca e os birlos.
















Pasámolo xenial, está claro que hai xogos que nunca pasan de moda!
Por certo, o noso agradecemento a Martín, o pai de Nico, que foi o que fixo posible esta bonita experiencia. Moitas grazas!

Comentarios

Entradas populares