VISITA AO RESTAURANTE "OS DO RESERO"

Hoxe pola mañá as dúas clases de 4 anos tivemos a gran sorte de poder visitar un restaurante de verdade, onde non só nos deixaron pasar á cociña a ver como cociñaban, senón que ademais nos invitaron a continuación a degustar o cociñado.
Manolo, o cociñeiro, cunha paciencia infinita, guiounos pola cociña ensinándonos todo e ademais elaborou diante de nós diferentes pratos como pizza, croquetas, hamburguesas, patacas fritidas...


















Seguidamente pasamos a un dos comedores, onde os camareiros nos fixeron unha demostración de como preparan as mesas no restaurante, ensinándolles aos nen@s a facer figuras cos panos de mesa.










E como broche final, obsequiáronnos cun gran banquete, onde os nen@s tiveron a oportunidade de comer todos os alimentos elaborados na cociña.



















O noso agradecemento aos propietarios e traballadores do restaurante "Os do Resero" que fixeron posible esta experiencia e que en todo momento nos trataron con moito agarimo, dándolle incluso un agasallo a cada nen@ no momento de marchar. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!






Comentarios

Entradas populares