O LIBRO DE 4 ANOS A
Como o prometido é débeda, aquí tedes o libro que escribimos e ilustramos para celebrar o Día do Libro (e que en realidade xa está rematado hai bastantes días pero non sempre hai tempo para subir as cousas ao blog cando unha quere😉).
Como vedes, é bastante profesional: ten portada, dedicatoria, páxinas numeradas... e en cada páxina aparecen os nomes dos ilustradores/as desa páxina en cuestión. A verdade é que estamos moi orgullosos do resultado do noso traballo e esperamos que vos guste tanto como a nós.
De tódolos xeitos, se quedades con ganas de velo máis de cerca, non vos preocupedes porque a partir do luns os nenos e nenas o irán levando á casa por quendas para poder compartilo con vós.

Comentarios
Publicar un comentario