FEIRA DO LIBRO

Como sabedes, o día 18 celebramos a 3ª edición da Feira do Libro do CPI da Cañiza, na que os nenos e nenas intercambiaron libros fomentando o amor pola lectura nun ambiente festivo. Ademais tod@s @s participantes levaron como agasallo unha pulseira co nome da mascota da Biblioteca, Pandore. Igual que pasou nos anos anteriores, foi todo un éxito e tod@s marcharon encantados cos seus novos libros.








E por se fose pouco, despois tivemos tamén un contacontos da man da profe de 3 anos B, Lucía, que nos deleitou co conto "A que sabe a lúa?".



Desde logo que non se diga que neste cole non animamos á lectura...😉

Comentarios

Entradas populares