EN 4 ANOS A CELEBRAMOS O DÍA DA FAMILIA E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana non paramos: ademais de xogar cos xogos tradicionais, foi o Día da Familia e o Día das Letras Galegas... E aínda nos queda a Feira do Libro!

Como todos os anos, quixemos celebrar o Día da Familia facendo un agasallo para a entregarlle á nosa familia, nesta ocasión un coxín decorado con rotuladores especiais para tea:



Son tod@s uns artistas!
E así de orgullos@s levaron os seus agasallos o martes a casa:

Esperamos que vos gustaran moito!

En canto ao Día das Letras Galegas, como sabedes este ano está dedicado a María Victoria Moreno, polo que decoramos estas bandeiriñas e por detrás cada un/unha elixiu unha palabra bonita do galego, escribiuna de forma autónoma (eu transcribina despois) e fixo un debuxo relacionado con ela.


 

VIVA O GALEGO!!!


Comentarios

Entradas populares