E seguimos a voltas cos sentidos na cociña... Esta semana tocoulle a quenda ao tacto e o que fixemos foi explorar a través del diferentes alimentos, concretamente garavanzos, lentellas, sal, arroz e fariña. Descubrimos así que uns eran máis suaves e outros máis ásperos, uns máis lisos e outros máis rugosos, uns máis brandos e outros máis duros, etc.
Despois, por grupos, volveron a tocar os alimentos e recolleron as súas impresións sobre eles por escrito (con escritura espontánea transcrita despois por min).
Comentarios
Publicar un comentario