EN 4 ANOS A CONTINUAMOS EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS

Seguimos investigando sobre a relación entre os sentidos e a comida, primeiro tocoulle ao oído, co que experimentamos xogando a adiviñar sons de cociña que escoitamos en Youtube, como o son da auga a ferver ou dun ovo fritíndose.

E pasamos despois a experimentar co olfacto, grazas aos botes de especias que Chis Chisgarabís nos deixou na súa caixa das sorpresas. Aprendimos que as especias lle dan aroma ás comidas para así mellorar o seu sabor, posto que o olfacto e o gusto están moi relacionados. Algunhas especias xa as coñecíamos: Carla contounos que lle bota canela ao arroz con leite, Nico dixo que o allo "lle cheiraba a bistec" e a maioría recoñecía no ourego o olor da pizza.



Encántanos traballar cos nosos sentidos!

Comentarios

Entradas populares