DÍA DA TERRA 2018

O pasado 22 de Abril celebrouse "O Día Mundial da Terra" 
Na clase sabemos a importancia que ten coidar o medio ambiente e con pequeniños xestos contribuímos ó seu coidado: separamos papel, cartón e plástico, encendemos as luces só se é preciso, e sobre todo acordámonos de apagalas  cando nos marchamos.

Ademáis este ano RECICLAMOS PAPEL!!!  Xa sabíamos que sae das árbores, pero non que a un folio escrito ou debuxado se lle podía dar un novo uso...  Parece MAXIA!!!!



O primeiro de todo foi coller papel usado e cortalo en anaquiños pequenos.


 Logo botarlle auga e mesturalo para que se ablandara.


 A profe trouxo a batidora para que o papel se desfixera mellor e a mestura fose máis fina.
Logo tocou amasar!


E por ó sol para que secase....tivemos sorte pois fixo un día espléndido!!! 



Cando secou por completo tocou decoralo....


 Que artistas somos!!!!!



Encantóunos reciclar papel!!! Foi unha actividade moi chuli e puxemos o noso graniño de area na conservación do medio ambiente.
Facemos papel reciclado en casa? Nós xa sabemos!!!



Comentarios

Entradas populares