CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA DA CAÑIZA
O venres pasado fixemos unha saída super chula: visitamos a Biblioteca da Cañiza e alí, ademais de coñecer a biblioteca e buscar a súa mascota, que estaba agochada, tamén puidemos desfrutar da actuación do mago Paco, que facendo maxia a partir de contos conseguiu deixarnos abraiados a tod@s.
Desde logo, tivemos unha mañá máxica!
Comentarios
Publicar un comentario