EN 4 ANOS A XOGAMOS CO SENTIDO DO GUSTO

Dentro do novo proxecto dos restaurantes, descubrimos a importancia dos sentidos na comida e decidimos investigar sobre esta relación. E Chis Chisgarabís, o trasno que vive na nosa clase e que sempre está moi pendente do que facemos, deixounos hoxe na caixa das sorpresas 3 alimentos representantes de 3 sabores (acedo,salgado e doce) para que puideramos practicar co sentido do gusto.



Así que o que fixemos foi xogar a adiviñar cos ollos tapados que alimento estaban tomando en cada caso.


Tod@s o fixeron xenial e cando rematamos, fixemos unha pequena festa dos sabores coas patacas fritidas e as galletas que sobraron (e algúns quixeron ata o limón!).







 Pasámolo xenial!



















Comentarios

Entradas populares