EN 4 ANOS A CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER
Este ano, con motivo da celebración do Día da Muller, entre todas as aulas de Educación Infantil elaboramos un mural colectivo adicado ás mulleres máis extraordinarias que coñecemos: as nosas nais. Con debuxos delas e cos seus nomes decoramos esta silueta:
Na nosa clase, ademais, descubrimos as historias de moitas outras mulleres extraordinarias grazas a este libro:

Por suposto non lles lin as 100 historias, pero si unhas cantas, e o día 8 cada un dos nenos e nenas elixiu unha profesión que as mulleres poden realizar tan ben coma os homes e despois a escribiron (como sempre con escritura espóntanea que despois eu transcribo) e fixeron un debuxo. Así de bonito foi o resultado:
Está claro que cando estes pequenos e pequenas medren teremos unha sociedade máis xusta e igualitaria!
Comentarios
Publicar un comentario