DÍA DA POESÍA 4 ANOS A

Como xa saberedes, este ano para celebrar o Día da Poesía no cole decidimos encher A Cañiza de poesías, facendo carteis que os membros Asociación de Comerciantes amablemente accederon a expoñer nos seus escaparates.
Na nosa clase eliximos para o primeiro cartel unha poesía de José Agustín Goytisolo, titulada Cuento. Para facer o cartel, escribín a poesía no ordenador e imprimina, pero houbo un problema, os versos estaban desordenados, así que eles tiveron que axudarme a recortalos e pegalos en orde. Despois, decorámola con debuxos dos personaxes e quedou así de chula:


Para o segundo cartel, dinlles a escoller entre seleccionar outra das poesías de diferentes autores que lles lin ou ben inventala entre todos. A resposta foi abrumadora: claramente preferían inventala, así que nos puxemos mans a obra e saiu unha poesía case profesional. Seguro que pensaredes que foi máis cousa da profe que dos nenos/as polo ben que quedou, pero o certo é que, aínda que por suposto lles fun guiando e fun dando forma á poesía, foi en todo momento a partir das ideas que eles ían propoñendo, e a práctica totalidade das rimas as sacaron eles. Están feitos uns poetas!
Neste caso, os propios nenos/as transcribiron a poesía e como na anterior decorárona con debuxos feitos por eles, neste caso das lambetadas que comía a bruxa. Así de bonito quedou o cartel:


E así de orgullosos posan coas súas creacións:


Por último, dúas felicitacións moi especiais para todos/as polo Día da Poesía:






Comentarios

Entradas populares