8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil B, traballamos na conmemoración do día da muller partindo da nosa experiencia máis cercana e emocional, ¡as nosas mamás!


 En primeiro lugar coñecimos os nomes de todas as mamás da clase. Este nome pasou a formar parte do noso día a día aproveitando para decorar, coñecer a primeira letra, interaccionar sobre as similitudes entre os nomes, iguais, diferentes...


Tamén falamos sobre o importante que eran para nós as mamás, todo o que facían diariamente, etc., ademais, partindo de contos como "o libro dos porcos", entre outros, chegamos a conclusións moi interesantes sobre a importancia do traballo que fan as mulleres dentro e fora da casa.


¡DEBUXAMOS AS NOSAS MAMÁS!


ESCRIBIMOS O SEU NOME, QUE FORMOU PARTE DUNHA SUPER MULLER EN COLABORACIÓN CON TODO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL



¡FOI UNHA EXPERIENCIA MOI EMOCIONANTE E INTERESANTE PARA TODOS NÓS!

Comentarios

Entradas populares