DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL

O día 15 de febreiro celébrase o Día internacional da loita contra o cancro  infantil, e no cole enviamos o noso apoio a asociación Bicos de Papel, que axuda ós nenos da planta de oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con este lazo dourado elaborado con círculos decorados por cada unha das clases do cole.


Na clase de 4 anos A, quixemos animar aos nenos e nenas con esta enfermidade con debuxos de cousas que a nós nos animan e quedounos o círculo así de bonito:





Esperamos que o cariño que puxemos nestes debuxos sirva para dar moita forza eses nenos e nenas que tan mal o estarán pasando. Moito ánimo para eles!!!

Comentarios

Entradas populares