A LÚA ( parte 1)

Seguimos ca nosa aventura espacial! E seguimos investigando!

Agora é o turno da lúa...
          Descubrimos que o primeiro home en pisala foi un astronauta estadounidense                       chamado Neil Armstrong.

Que sorte poder pisar a lúa! Que chula a súa pegada!

E si a poderamos pisar nós tamén....jijiji

Na clase puxémonos mans a obra para deixar a nosa pegada na "lúa" e facer como Armstrong.

O primeiro paso foi debuxar a nosa lúa e pintala.


Despois tocaba deixar a nosa pegada. Yupiiiii!





Pasámolo xenial pisando a lúa.....

Deixando a nosa pegada....

Converténdonos en "Armstrong" ...

Un pequeno paso para o home pero un gran salto para a humanidade!

Comentarios

Entradas populares